Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Mércores, 27 de xuño de 2001 Páx. 8.673

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 23 de maio de 2001 sobre autorización de apertura dun novo establecemento da axencia de viaxes Viajes Halcón, S.A., sita na praza de España número 10, de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

Examinado o expediente instruído por instancia de Luís Carreiras Hermida, na súa calidade de representante legal, en solicitude da autorización de apertura dun novo establecemento na praza de España nº 10 de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), da axencia de viaxes Viajes Halcón, S.A., do grupo maio

rista-retallista, co código de identificación C.I.C.L. 37-03 e casa central na praza dos Irlandeses, 2 de Salamanca.

Resultando que, o interesado xunto coa solicitude achegou toda a documentación á que fai referencia o artigo 5 do Regulamento das axencias de viaxes de Galicia, aprobado mediante o Decreto 42/2001, do 1 de febreiro.

Considerando que, na empresa solicitante e no novo establecemento da axencia de viaxes, concorren tódalas condicións esixidas polo mencionado regulamento para a obtención da súa autorización.

Considerando que na tramitación do expediente observáronse tódolos requisitos e formalidades establecidos legal e regulamentariamente.

Vistos a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, o Decreto 42/2001, do 1 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento das axencias de viaxes de Galicia, e a Orde do 12 de xaneiro de 1998, da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, pola que se delega no Director Xeral de Turismo a competencia para autoriza-los novos establecementos e dependencias auxiliares das axencias de viaxes xa autorizadas, esta dirección xeral de Turismo,

RESOLVE:

Autorizar á axencia de viaxes Viajes Halcón, S.A., da que é titular Viajes Halcón, S.A., a apertura dun novo establecemento na praza de España nº 10 de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), que será inscrito no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma Galega.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Previamente poderá interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación de presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Todo iso sen prexuízo da posibilidade de interpoñer recurso extraordinario de revisión nos supostos e prazos previstos no artigo 118 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2001.

P.D. (Orde 12-1-1998)

Aurelio Miras Portugal

Director xeral de Turismo