Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Mércores, 27 de xuño de 2001 Páx. 8.672

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN de 20 de xuño de 2001 pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso con procedemento aberto e trámite de urxencia, das obras: obra 1: rede de camiños e obras de concentración de Insua da Zalaroia-Momán (Xermade). X-4599; obra 2: acondicionamento de predios na zona de C. P. de Árbol, 2ª fase (Vilalba-Lugo). X-4624; obra 3: rede de camiños principais da zona de C. P. de Fraíz (A Estrada-Pontevedra). X-4503; obra 4: acondicionamento de predios e outras obras inherentes á C. P. do Monte de Sante-Trabada. X-4558; obra 5: acondicionamento de predios e outras obras inherentes á C. P. de Piñeira-Vilaselán (Ribadeo). X-4713; obra 6: rede de camiños da zona de C. P. de Mondoñedo norte (Mondoñedo). X-4628.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural.

2. Obxecto do contrato.

a) Descripción do obxecto: obra 1: rede de camiños e obras de concentración de Insua da Zaloroia-Momán (Xermade). X-4599; Obra 2: acondicionamento de predios na zona de C. P. de Árbol, 2ª fase (Vilalba-Lugo)-X-4624; Obra 3: rede de camiños principais da zona de C. P. de Fraíz (A Estrada-Pontevedra), X-4503; obra 4: acondicionamento de predios e outras obras inherentes á C. P. do Monte de Sante-Trabada. X-4558; obra 5: acondicionamento de predios e outras obras inherentes á C. P. de Piñeira-Vilaselán (Ribadeo). X-4713; Obra 6: rede de camiños da zona de C. P. de Mondoñedo norte (Mondoñedo). X-4628 de acordo co pregos que rexen esta contratación.

b) Número: seis obras.

c) Lugar de execución: o que se especifica no prego de prescricións técnicas.

d) Prazo de execución: o que se especifica no prego de prescricións técnicas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Obra 1: rede de camiños e obras de concentración de Insua da Zalaroia-Momán (Xermade). X-4599: 19.518.650 pesetas, 117.309,45 euros. Clasificación: non é necesaria; obra 2: acondicionamento de predios na zona de C. P. de Árbol, 2ª fase (Vilalba-Lugo) X-4624: 19.451.060 pesetas, 116.903,23 euros. Clasificación: non é necesaria: obra 3: rede de camiños principais da zona de C. P. de Fraíz (A Estrada-Pontevedra). X-4503: 87.526.824 pesetas, 526.046,81 euros. Clasificación: categoría C, grupo G, subgrupo 6; obra 4: acondicionamento de predios e outras obras inherentes á C. P. do Monte de Sante-Trabada. X-4558: 14.253.490 pesetas, 85.665,20 euros. Clasificación: non é necesaria; obra 5: acondicionamento de predios e outras obras inherentes á C. P. de Piñeira-Vilaselán (Ribadeo). X-4713: 42.568.744 pesetas, 255.843,30 euros. Clasificación: categoría B, grupo A, subgrupo 2; obra 6: rede de camiños da zona de C. P. de Mondoñedo Norte (Mondoñedo). X-4628: 230.406.240 pesetas, 1.384.769,39

euros. Clasificación: categoría C, grupo G, subgrupo 6.

5. Garantías.

Provisional: o 2% do orzamento de licitación en cada obra.

Definitiva: o 4 % do orzamento de adxudicación en cada obra.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Teléfono: 981 54 57 68.

e) Telefax:981 54 57 43.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, tódolos días laborables, agás sábados, desde as 9 ás 14 horas.

Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación a través da Internet no enderezo: http://www.xunta.es/contratación.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás catorce horas do día 11 de xullo de 2001.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroa

limentaria (edificios administrativos de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

8. Posibilidade de variantes.

Non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: sala de xuntas da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela, 15771.

d) Data: 17 de xullo de 2001.

e) Hora: 13 horas.

10. Gastos de anuncios.

O importe do anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2001.

P.D. (Orde 12-1-2001)

José Antonio Álvarez Vidal

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria