Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.
Denominación: L.M.T. circunvalación Velle-Rairo (sector A-6, P.X.U. Ourense).
Situación: Ourense.
Descricións técnicas: recuamento da L.M.T aérea a 20 kV Velle-Rairo (expediente 936-A.T.) nunha lonxitude de 225 m entre os apoios proxectados nº 2 e 3, que corresponde ó sector A-6 do P.X.U. de Ourense.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente ó seu dereito.
Ourense, 14 de maio de 2001.
Alfredo Cacharro Pardo
Delegado provincial de Ourense