Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S. de C.T. Bordeiras a C.T. urbanización A Pastoriza.
Situación: Arteixo.
Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 15 kV baixo tubo e con conductor
R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al, de 762 m de lonxitude, con orixe no C.T. Bordeiras (expediente 26449) e final no C.T. A Pastoriza (expediente 21/1995). Concello de Ordes.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.
A Coruña, 14 de maio de 2001.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña