1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Construccións e Equipamento. Servicio de Contratación e Equipamento.
c) Número de expediente: 6/01SU.
2. Obxecto de contrato.
a) Descrición do obxecto: adquisición de mobiliario para laboratorios e material audiovisual para centros docentes dependentes desta consellería.
b) Lugar de entrega: almacén da consellería, sito no polígono de Toedo, na Estrada (Pontevedra).
c) Prazo de execución: 30 días ou inferior segundo oferta.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: 38.184.000 pesetas (229.490,46 euros).
5. Garantías.
Provisional: 2% do importe total de licitación.
6. Obtención de documentación e información.
6.1. Información:
a) Entidade: oficina de información da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
b) Domicilio: edificio San Caetano, s/n. Santiago de Compostela.
c) Así mesmo, poderanse obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=496.
6.2. Adquisición de pregos:
a) Teléfono: 981 58 54 55.
b) Domicilio: praza de Mazarelos, 14-baixo, 15703-Santiago de Compostela.
7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: o décimo quinto día contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, ás 14 horas.
b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no punto 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación:
1. Entidade: rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou por correo.
2. Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n.
3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.
8. Apertura das ofertas.
a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n.
c) Localidade: Santiago de Compostela.
d) Data e hora: o cuarto día hábil contado desde o día seguinte á finalización do prazo para presentar ofertas, ás 13.30 horas.
9. Gastos de anuncios.
Por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2001.
P.D. (Orde 21-6-1996)
Máximo García Serrano
Secretario xeral da Consellería de Educación
e Ordenación Universitaria