Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Mércores, 27 de xuño de 2001 Páx. 8.652

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (921/2000).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 921/2000 por instancia de Mutual Cyclops contra INSS e outros sobre acc. enfermidade, nos que recaeu sentencia en data 18-5-2001 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Que estimando a demanda formulada por Mutual Cyclops, condeno a empresa Grupo Concasse, S.L. como responsable directa e única do aboamento da prestación de lesións permanentes non invalidantes recoñecida ó traballador Francisco Javier Matos Mato, derivada de accidente de traballo, na contía inicial establecida no feito primeiro desta resolución, e tendo a mutua aboado xa a citada cantidade, condénase a citada empresa a reintegrarlla, sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria, de se-lo caso, do Instituto Nacional da Seguridade Social, e da Tesourería Xeral da Seguridade Social.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este Xulgado do Social, no termo de cinco días hábiles contados a partir do seguinte ó da súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais, para a súa notificación e cumprimento, xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Grupo Concasse, S.L., expido e asino esta cédula na Coruña o 25 de maio de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado