Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Mércores, 27 de xuño de 2001 Páx. 8.631

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 2001, da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e da Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, pola que se adxudican as bolsas correspondentes ó Programa de Investigación Mariña do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico, convocadas nos anexos IV e V da Orde do 3 de abril de 2001 (Diario Oficial de Galicia do 20 de abril).

A orde conxunta da Consellería da Presidencia e Administración Pública e da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura do 3 de abril de 2001 (Diario Oficial de Galicia do 20 de abril), aprobaba as bases para a convocatoria de bolsas para realización de teses de doutoramento en temas de investigación mariña ( anexo IV) e de bolsas para formación en temas de investigación mariña de técnicos especialistas en formación profesional de segundo grao e ciclos formativos de grao superior (anexo V) do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico.

Nas bases 7 dos anexos IV e V da mencionada orde de convocatoria, determinábanse os criterios de selección que deberían ter en conta os membros das respectivas comisións que serían designados polo director xeral de Formación Pesqueira e Investigación e polo secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento.

Na súa virtude, atendendo á proposta elaborada polas citadas comisións, a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e a Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación

RESOLVEN:

Primeiro.-Concederlle a bolsa para a realización de teses de doutoramento en temas de investigación mariña á persoa que se relaciona no anexo I da presente resolución

Segundo.-Concedérlle-las bolsas para formación en temas de investigación mariña de técnicos de formación profesional de segundo grao e ciclos formativos de grao superior segundo as especialidades ás persoas que se relacionan no anexo II da presente resolución.

Terceiro.-No caso de producirse algunha renuncia ás bolsas ás que se refiren os anexos I e II desta resolución, a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e a Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación procederán, se é o caso, e tendo en conta o remanente de crédito, a adxudicárlle-la dita axuda a outros candidatos de acordo coa lista de suplentes elaborada pola comisión e que se inclúen nos anexos III e IV da presente resolución. A asignación farase pola mesma orde que figura nos ditos anexos.

Cuarto.-A inobservancia por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde de convocatoria do 3 de abril de 2001 (Diario Oficial de Galicia do 20 de abril), suporá a perda do dereito a percibi-la axuda correspondente.

Quinto.-Contra a presente resolución os interesados poderán interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De non estima-la interposición deste recurso, poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencionso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira

A presente resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2001.

P.D. (Orde 3-4-2001, DOG do 20 de abril)

Joaquín Mariño Cadarso

Director xeral de Formación Pesqueira e Investigación

Miguel Ángel Ríos Fernández

Secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento

ANEXO I

Bolsas para realización de teses de douctoramento en temas de investigación mariña:

Adxudicataria:

Silvia Lorenzo Abalde (36099285-A).

ANEXO II

Bolsas para formación en temas de investigación mariña de técnicos especialistas en formación profesional de segundo grao e ciclos formativos de grao superior.

Adxudicatarios:

-Rama sanitaria: especialidade de anatomía patolóxica/familia profesional sanidade: especialidade de anatomía patolóxica e citoloxía:

Mónica Pazos Barros (DNI 32841459-N).

-Rama marítimo-pesqueira: especialidade de cultivos mariños/familia profesional actividades marítimo-pesqueiras: especialidade de producción acuícola.

-Gemma Martínez Verde (DNI 53171805-Z).

-Ana Isabel González Rodríguez (DNI 52933626-T).

ANEXO III

Bolsas para realización de teses de doutoramento en temas de investigación mariña:

Suplentes:

-Mª Belén Pungín López (DNI 36093650-A).

-Begoña Fernández Durán (DNI 76726544-Q).

ANEXO IV

Bolsas para formación en temas de investigación mariña de técnicos especialistas en formación profesional de segundo grao e ciclos formativos de grao superior:

Suplentes:

-Rama sanitaria: especialidade de anatomía patolóxica/familia profesional sanidade: especialidade de anatomía patolóxica e citoloxía:

-Irene Naveira Couso (DNI 53115174-D).

-Mónica Lago Rouco (DNI 36149742-K).

-Rama marítimo-pesqueira: especialidade de cultivos mariños/familia profesional actividades marítimo-pesqueiras: especialidade de producción acuícola.

-Carmen Carrera Formoso (DNI 32825733-H).

-Mª Carmen Freire Martínez (DNI 52935350-E).

-Consuelo Darriba Santiago (35459930-W).