Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Martes, 26 de xuño de 2001 Páx. 8.614

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 24 de maio de 2001, da Área Provincial da Coruña, pola que se notifica resolución de pleno dereito do contrato de compravenda da vivenda (expediente C-81/050, conta 104) da que era titular Celia Novo Martínez, polo seu finamento sen outorgar testamento e renuncia do seu irmán Edelmiro Novo Martínez, en cumprimento do artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

«Resolución:

Visto o expediente da vivenda de protección oficial sita en Ferrol, polígono de Esteiro, bloque 2, P-2, 7º D. (Expediente C-81/050, conta 104).

Resultando que en data 3-12-1984 foi outorgado contrato de compravenda sobre a citada vivenda a favor de Celia Novo Martínez, nacida o 20-1-1930, viúva e sen fillos.

Resultando que en data 6-2-2001 foi iniciado desafiuzamento administrativo por falta de pagamento do prezo pactado, mediante requirimento, a notificación do cal, devolta polo servicio de correos, foi publicada no DOG do 5-3-2001 e no taboleiro de edictos do concello, conforme o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992.

Resultando que segundo certificados emitidos polo Rexistro Civil da Coruña e da Dirección Xeral de Rexistros e Notariado, Celia Novo Martínez finou o 7-8-1994 sen outorgar testamento.

Resultando que Edelmiro Novo Martínez, irmán da finada, en comparecencia do 30-4-2001 perante a Xefatura Provincial do IGVS, fixo entrega das chaves da vivenda.

Considerando que a dita entrega supón a renuncia ós posibles dereitos que puidese exercitar sobre a vivenda.

Vistos os feitos e preceptos citados e demais normas de xeral aplicación,

ACORDO:

A resolución de pleno dereito do contrato de compravenda subscrito por Celia Novo Martínez, por finamento do seu titular sen herdeiros e renuncia do exercicio de posibles dereitos sobre a vivenda de Edelmiro Novo Martínez.

Contra a presente resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse perante o conselleiro da CPTOPV recurso de alzada no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa recepción. A Coruña, 21 de maio de 2001. O delegado provincial. Asdo: Jesús Almuiña Loeda. Expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 24 de maio de 2001».

Mª Teresa Morán Calero

Xefa da Área Provincial da Coruña