Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Martes, 26 de xuño de 2001 Páx. 8.609

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 18 de abril de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública a adxudicación do concurso, por procedemento aberto e tramitación urxente e anticipada, para a contratación de varios servicios en diversos centros dependentes desta delegación provincial.

De conformidade co establecido no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, esta delegación provincial, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve publica-la adxudicación do concurso para a contratación de varios servicios que a continuación se relacionan, anunciados no DOG nº 30, do 12 de febreiro de 2001.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais de Pontevedra.

Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica.

2. Obxecto do contrato.

Tipo de contrato: varios servicios en diversos centros dependentes desta delegación provincial.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente e anticipada.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Adxudicación.

-Servicio de seguridade e vixilancia nocturna do Centro de Atención a Minusválidos Psíquicos de Redondela:

Expediente: 7/2001.

Orzamento base de licitación: 7.138.000 pesetas anuais (sete millóns cento trinta e oito mil pesetas) 42.900,24 euros.

Data de adxudicación: 18 de abril de 2001.

Contratista: Grupo Cetssa, S.A.

Nacionalidade: española.

Importe adxudicación: 570.920 pesetas ó mes (cincocentas setenta mil novecentas vinte pesetas) 3.431,30 euros.

- Servicio de mantemento de instalacións do Centro de Atención a Minusválidos Psíquicos de Redondela:

Expediente: 8/2001.

Orzamento base de licitación: 2.350.000 pesetas anuais (dous millóns trescentas cincuenta mil pesetas) 14.123,78 euros.

Data de adxudicación: 17 de abril de 2001.

Contratista: Eulen, S.A.

Nacionalidade: española.

Importe adxudicación: 176.250 pesetas ó mes (cento setenta e seis mil duascentas cincuenta pesetas) 1.059,28 euros.

-Servicio de transporte dos usuarios do Centro Ocupacional O Saiar:

Expediente: 11/2001.

Orzamento base de licitación: 8.600.000 pesetas anuais (oito millóns seiscentas mil pesetas) 51.687,04 euros.

Data de adxudicación: 18 de abril de 2001.

Contratista: Autocares Benito Abalo, S.L.

Nacionalidade: española.

Importe adxudicación: 40.566 pesetas ó día (corenta mil cincocentas sesenta e seis pesetas) 243,81 euros (139 días desde o 1 de maio ó 31 de decembro de 2001).

Vigo, 18 de abril de 2001.

P.D. (Orde 21-4-1998)

Mª Dolores Pan Vázquez

Delegada provincial de Pontevedra