Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Martes, 26 de xuño de 2001 Páx. 8.596

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 2001, da División de Recursos Humanos, pola que se publican as listas definitivas de aspirantes admitidos e excluídos para participar no concurso-oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde convocado por Resolución do 20 de marzo de 2001.

Por resolución deste centro directivo do 21 de maio de 2001 (DOG nº 100, do 25 de maio), decláranse con carácter provisional os aspirantes admitidos e excluídos para participar no concurso-oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde convocado por Resolución do 20 de marzo de 2001.

Rematado o prazo previsto para emendar, se fose o caso, o defecto que motivou a exclusión dos aspirantes, procede agora, de conformidade co disposto nos puntos 3 e 4 da base cuarta da convocatoria, dictar resolución na que se publican as listas definitivas de aspirantes admitidos e excluídos para cada

unha das categorías convocadas sinalando os lugares onde as mesmas poder ser examinadas.

Por todo isto, esta división

ACORDA:

Primeiro.-Publica-las listas definitivas de aspirantes admitidos e excluídos para participar no concurso-oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde convocado por Resolución do 20 de marzo de 2001.

Segundo.-As listaxes coa relación definitiva de aspirantes admitidos e excluídos poderán examinarse nos seguintes lugares:

a) Na Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

b) Na División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde.

c) Na oficina de información ó cidadán da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

d) Nas delegacións provinciais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

e) Nas direccións provinciais do Servicio Galego de Saúde.

f) Nos servicios de persoal dos centros ou complexos hospitalarios da rede pública do Servicio Galego de Saúde.

g) Nos servicios de persoal das administracións das xerencias de Atención Primaria do Servicio Galego de Saúde.

h) Na Casa de Galicia en Madrid, sita na rúa Casado de Alisal, número 8.

i) Na páxina web do Sergas (www.sergas.es).

Terceiro.-Esta resolución poderá ser impugnada polos interesados nos termos previstos no punto 3 da base décima da convocatoria.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2001.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos