Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Luns, 25 de xuño de 2001 Páx. 8.532

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 2001 pola que se convoca concurso público aberto de tramitación ordinaria para a contratación plurianual dunha póliza para a cobertura dun seguro de asistencia médica e de accidentes para bolseiros da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

En virtude das facultades conferidas na vixente normativa de contratación, anúnciase a licitación dun contrato suxeito ás seguintes bases:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, adscrita á Consellería da Presidencia e Administración Pública.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión.

c) Nº de expediente: 2001-04-1195.

2. Obxecto do contrato.

a) Descricción do obxecto: contratación dunha póliza para a cobertura dun seguro de asistencia médica e de accidentes para bolseiros da Secretaría Xeral de I+D.

Prazo de execución: desde o inicio das bolsas ata o 31 de outubro do ano 2001.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: o orzamento máximo autorizado para esta contratación ascende á cantidade de trece millóns oitocentas trinta e unha mil duascentas pese

tas (13.831.200 pesetas) (83.127,19 euros) dos que tres millóns setecentas dezanove mil seiscentas pesetas (3.719.600 pesetas) (22.355,25 euros) corresponden á anualidade do ano 2001 e dez millóns cento once mil seiscentas pesetas (10.111.600 pesetas) (60.771,94 euros) á anualidade do ano 2002.

5. Garantía provisional.

Importe: 276.624 pesetas. Obtención de documentación e información: poderán retirala no Rexistro da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, rúa dos Feáns, nº 7, 15706 Santiago de Compostela, teléfonos 981 54 10 87/54 10 88.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: as empresas licitadoras deberán acredita-la súa solvencia económico-financeira e técnica ou profesional, de conformidade co esixido no prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Presentación de ofertas.

Presentaranse, de conformidade co previsto no prego de cláusulas administrativas particulares, no prazo de 15 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, no Rexistro da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento das 9 ás 14 horas, ou ben na forma prevista no artigo 100 do Regulamento de contratos do Estado.

8. Apertura de ofertas.

Farase o décimo primeiro día habil seguinte ó de finalización do prazo de presentación de proposicións, ás 12 horas, nas dependencias da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento; no caso de coincidir en sábado, a apertura terá lugar o día hábil seguinte.

O importe deste anuncio será por conta da empresa adxudicataria.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2001.

Miguel A. Ríos Fernández

Secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento