Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Venres, 22 de xuño de 2001 Páx. 8.475

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MARÍN

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 2001 pola que se fai público o nomeamento de dous funcionarios de carreira, categoría peóns operarios.

En cumprimento do disposto no artigo 17 do Decreto 95/1991, da Xunta de Galicia, faise público que por resolución da Alcaldía do 30-4-2001 foron nomeados como funcionarios de carreira deste concello Pedro Boullosa Fernández, DNI: 44.086.657-G, e Jaime Recarey Durán, DNI: 35.295.377-Z, encadrados na escala de Administración especial, subescala servicios especiais, clase persoal de oficios, grupo E, denominación peóns operarios.

Marín, 30 de abril de 2001.

Francisco Antonio Santiago Fernández

Alcalde