Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Venres, 22 de xuño de 2001 Páx. 8.472

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 30 de maio de 2001 pola que se fai pública a resolución recaída no expediente sancionador de incendios 2001/072-I de Ourense.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que figura no anexo a citada resolución.

Contra a resolución que se publica procederá, de conformidade co disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, a interposición do recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Medio Ambiente no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da publicación.

Santiago de Compostela, 30 de maio de 2001.

Carlos del Álamo Jiménez

Conselleiro de Medio Ambiente

ANEXO

Procedemento sancionador de incendios: Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais; Decreto 3769/1972, do 23 de decembro, polo que se aproba o Regulamento sobre incendios forestais.

Expediente número: OU-2001/072-I.

Denunciado: Domingo de la Torre Gargamala.

Último enderezo coñecido: rúa Cruceiro, 11.

36200 Mondariz (Pontevedra).

Contido da resolución:

Data: 15 de maio de 2001.

Feitos polos que foi denunciado: realizar sete conatos de lume sen autorización.

Tipificación das infraccións: artigos 137 b), 138 b) e 138 c) do regulamento da Lei de incendios forestais.

Cualificación das infraccións: dúas infraccións moi graves e unha grave.

Resolución: sanción con multa de 250.000 pesetas.