Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Venres, 22 de xuño de 2001 Páx. 8.470

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da proposta de resolución do expediente C-67/2000 incoado por infracción da Lei de caza e devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento sancionador que se instrúe por infracción á

Lei 4/1997, de caza en Galicia, do 25 de xuño (DOG do 11 de xuño).

O pagamento voluntario poñerá fin ó expediente; de non efectualo voluntariamente, dispoñen os interesados dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formularen cantas alegacións consideren pertinentes.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada, así como co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto) e no Decreto 482/1997, do 30 de decembro (DOG do 8 de xaneiro de 1998), polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente.

ANEXO

Expediente nº: C-67/2000.

Denunciado: Eliseo Zas Iglesias.

DNI: 32.801.264.

Enderezo: r/ Cantábrico, nº 26-3º A Coruña.

Feito denunciado: incumpri-las normas que regulan o adestramento de cans, ó adestrar catro cans de caza nun lugar prohibido, refuxio de fauna, sen autorización ningunha. Feitos constatados o día 16-10-2000, ás 20.35 horas, no refuxio de caza situado no monte de San Cibrao, Lugo.

Precepto sancionador: 57.13º da Lei 4/1997 de caza de Galicia.

Cualificación da infracción: leve.

Sanción: 10.000 pesetas de multa.

Lugo, 2 de maio de 2001.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo