Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Xoves, 21 de xuño de 2001 Páx. 8.400

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

ANUNCIO de concurso, por procedemento aberto, de obras.

1. Entidade adxudicadora: Instituto Lucense de Desenvolvemento Económico e Social-Inludes.

2. Obxecto: subministración a restaurante e pousada de turismo rural en Parada (Pascuais) (L.M.T. aérea, C.T.I. 1 de 50 kVA e acometida B.T.).

3. Orzamento: sete millóns cento sesenta e catro mil catrocentas vinte (7.164.420 pesetas).

4. Prazo de execución: dous meses.

5. Garantía provisional: dous por cento do orzamento de licitación, depositada na Tesourería do Inludes.

6. Información: oficina de Apoio.

7. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: 26 días naturais, a partir do seguinte ó da publicación deste extracto de anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación para presentar: a especificada no prego de cláusulas económico-administrativas particulares.

c) Rexistro xeral do Inludes, das 10 ás 14 horas.

8. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

O texto íntegro deste anuncio figura publicado no BOP nº 134, do 13 de xuño de 2001.

Lugo, 13 de xuño de 2001.

José Carlos Rodríguez Andina

Presidente da Deputación Provincial de Lugo

Faustino Martínez Fernández

Secretario da Deputación Provincial de Lugo