Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Xoves, 21 de xuño de 2001 Páx. 8.397

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (293/2001).

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno, en sesión ordinaria con data do 31 de maio de 2001, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Aprobar inicialmente o proxecto de urbanización da rúa de nova apertura e rúa Pena Nofre, zona 3 do SU-17 de Ourense, por instancia de Manuel Cruz Rodríguez en representación da Promotora CMT, S.L., coas condicións sinaladas nos informes dos servicios de Enxeñería, Servicio Eléctrico e da Enxeñería Municipal da Concellería de Medio Ambiente, dos que se dará traslado ó intereresado, e logo de constitución de garantía na cantidade de 19.890.000 pesetas, para responder da execución das obras e o seu carácter previo ou simultáneo coas da edificación.

De conformidade co disposto no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o citado expediente a exposición pública polo prazo dun mes, que empezará a contar a partir do día seguinte ó da última publicación oficial deste anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que coiden pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer no disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 7 de xuño de 2001.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde