Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Xoves, 21 de xuño de 2001 Páx. 8.395

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 15 de maio de 2001, da Área Provincial da Coruña, pola que se lles notifica ós interesados, unha vez intentada a notificación a que se refire o artigo 59 da Lei 30/1992, os acordos de incoación de expedientes administrativos de desafiuzamento 32/2001 e cinco máis. Non ocupación. (Regularización).

Por medio desta cédula, e en cumprimento do disposto no artigo 142 do Regulamento de VPO aprobado polo Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, notifícaselles ós interesados, cos datos e último enderezo coñecido sinalado no anexo, o acordo de incoación dos correspondentes expedientes administrativos de desafiuzamento que, cos números que se indican, se iniciaron neste organismo por non destina-la vivenda a domicilio habitual e permanente do beneficiario ou arrendatario, causa prevista nos artigos 30.6º do Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da lexislación de VPO e 138.6º do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo.

Concédese o prazo de 15 días hábiles desde o seguinte ó da publicación desta cédula para a contestación ó acordo ante este servicio provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, alegando por escrito o que consideren conveniente e, se é o caso, achegando ou propoñendo as probas que crean oportunas para o seu descargo. Transcorrido o dito prazo, darase por evacuado o trámite seguindo o seu curso o expediente.

Para que conste e lles sirva de notificación ó interesado de domicilio descoñecido, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña, 15 de maio de 2001.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Nº expediente de desafiuzamento: 32/2001.

Expedientado: Ramón Pérez González e herdeiros.

Último domicilio coñecido: avda. 19 de Febrero 3, bloque 4, P-3, 1º D-Serantes (Ferrol).

(Expediente C-79, conta 47).

Nº expediente de desafiuzamento: 34/2001.

Expedientado: José Mascaró Cabezón e herdeiros.

Último domicilio coñecido: avda. 19 de Febrero, bloque 4, P-2, 1º D (Ferrol).

(Expediente C-79, conta 45).

Nº expediente de desafiuzamento: 37/2001.

Expedientada: Cristina Díaz Fernández e herdeiros.

Último domicilio coñecido: Virgen de Chamorro, bloque 6, P-2, 2º I, Serantes (Ferrol).

(Expediente C-79, conta 16).

Nº expediente de desafiuzamento: 38/2001.

Expedientada: Carmen Amor Rodríguez e herdeiros.

Último domicilio coñecido: avda. 19 de Febrero, Virgen de Chamorro, vivenda 26 (Ferrol).

(Expediente C-79, conta 26).

Nº expediente de desafiuzamento: 40/2001.

Expedientada: María Bello Taboada e herdeiros.

Último domicilio coñecido: Vivendas de Serantes, bloque 1, P-2, baixo dereita (Ferrol).

(Expediente C-79, conta 93).

Nº expediente de desafiuzamento: 41/2001.

Expedientado: Manuel García Rodríguez e herdeiros.

Último domicilio coñecido: avda. 19 de Febrero, bloque 2, P-2, 1º esq., Serantes (Ferrol).

(Expediente C-79, conta 81).