Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Xoves, 21 de xuño de 2001 Páx. 8.392

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 21 de maio de 2001 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto e adxudicación por concurso con tramitación urxente, das obras que se citan. (Expediente CO-12-44-01-01 e tres máis).

Advertido erro no texto da citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia, número 105, do 31 de maio de 2001, convén face-la oportuna rectificación.

Na páxina 7.300, letra D) «Ampliación da rampla de varada do porto de Aldán», no punto 7 letra a) onde di: «Clasificación: grupo F, subgrupo 6, categoría c», debe dicir: «Clasificación: grupo F, subgrupo 7, categoría c».

Presentación de ofertas e das solicitudes de participación.

Data de presentación: o prazo de presentación de proposicións para esta obra, «Ampliación da rampla de varada no Porto de Aldán», rematará as doce horas do décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, e o prazo de apertura de proposicións será ás doce horas do décimo día natural seguinte ó remate do prazo de presentación. En caso de que os devanditos días coincidan en sábado ou festivo, o prazo de admisión e apertura das proposicións será o día hábil seguinte

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2001.

Emilio García Gallego

Presidente do ente público Portos de Galicia