De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial, foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación Empresarial de Chiringuitos (Asemchi), que abranguen os seguintes ámbitos:
Territorial: provincial.
Profesional: tódolos profesionais dedicados á prestación de servicios de alimentación e bebida, en tempada, en quioscos, chiringos, remolques e outros locais análogos situados nas zonas costeiras de Cangas, ante particulares e calquera administración xa sexa estatal, autonómica, provincial ou local.
Asinan a acta de constitución: Beatriz Santomé Chapela e outros.
Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.
Vigo, 22 de maio de 2001.
Antonio Coello Bufill
Delegado provincial de Pontevedra