Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Xoves, 21 de xuño de 2001 Páx. 8.384

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 29 de marzo de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se comunica a paralización do inicio do expediente sancionador Secretaría 85/2001.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona o acordo de paralización do inicio do expediente sancionador instruído pola Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociales da Coruña, por incumprimento da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade, e o R.D. 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor.

Polo que se lle comunica que, de acordo co establecido no artigo 4, punto 6 do R.D. 1398/1993, se procede á paralización do inicio de novas actuacións administrativas mentres non se resolvan os expedientes 102/2000, que se iniciou neste servicio con data do 16-5-2000 e o expediente 256/2000, que se atopa paralizado mentres non se resolva o anterior, ámbolos dous contra o interesado.

Expediente sancionador: Secretaría 85/2001.

Denunciado: Nicolás Vicente Pardo.

DNI/CIF: 53.265.097-E.

Derradeiro enderezo coñecido: mosteiro de Caaveiro, 3-6º B, A Coruña.

A Coruña, 29 de marzo de 2001.

Manuel Barral Castro

Delegado provincial da Coruña