Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Xoves, 21 de xuño de 2001 Páx. 8.382

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 2001 pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso e procedemento aberto, e trámite de urxencia, das obras: obra 1: acondicionamento de predios e camiños secundarios da zona de C.P. de Lestedo, Boqueixón, A Coruña, X-4612; obra 2: rede de camiños principais na zona de Cabreiroá, Verín, X-4652; obra 3: acondicionamento de predios na zona de C.P. de Sobreganade, Porqueira, X-4257; obra 4: acondicionamento de predios na zona de C.P. de San Millao, Cualedro, X-4534; obra 5: camiños da zona de C.P. de Maceda, Orois (Melide), X-4633; obra 6: camiños da zona de C.P. de Pezobre (Santiso-A Coruña), X-4569; obra 7: acondicionamento de predios e camiños secundarios na zona de C.P. de Moar, Santa Eulalia (Frades-A Coruña), X-4610.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: obra 1: acondicionamento de predios e camiños secundarios da zona de C.P.de Lestedo, Boqueixón, A Coruña, X-4612; obra 2: rede de camiños principais na zona de Cabreiroá, Verín, X-4652; obra 3: acondicionamento de predios na zona de C.P. de Sobreganade, Porqueira, X-4257; obra 4: acondicionamento de predios na zona de C.P. de San Millao, Cualedro, X-4534; obra 5: camiños da zona de C.P. de Maceda, Orois (Melide), X-4633;; obra 6: camiños da zona de C.P. de Pezobre (Santiso-A Coruña), X-4569; obra 7: acondicionamento de predios e camiños secundarios na zona de C.P. de Moar, Santa Eulalia (Frades-A Coruña), X-4610; de acordo co pregos que rexen esta contratación.

b) Número: sete obras.

c) Lugar de execución: o que se especifica no prego de prescricións técnicas.

d) Prazo de execución: o que se especifica no prego de prescricións técnicas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Obra 1: acondicionamento de predios e camiños secundarios da zona de C.P. de Lestedo, Boqueixón, A Coruña, X-4612: 74.827.691 pesetas (449.723 euros). Clasificación: categoría C. Grupo G. Subgrupo 6; obra 2: rede de camiños principais na zona de Cabreiroá, Verín, X-4652: 95.808.044 pesetas (575.817,94 euros). Clasificación: categoría C. Grupo G. Subgrupo 6; obra 3: acondicionamento de predios na zona de C.P. de Sobreganade, Porqueira, X-4257: 69.708.005 pesetas (418.953 euros). Clasificación: categoría C. Grupo A. Subgrupo 2; obra 4: acondicionamento de predios na zona de C.P. de San Millao, Cualedro, X-4534: 43.046.891 pesetas (258.717,03 euros). Clasificación: categoría C. Grupo A. Subgrupo 2; obra 5: camiños da zona de C.P. de Maceda, Orois (Melide), X-4633: 233.697.610 pesetas (1.404.550,92 euros). Clasificación: categoría C. Grupo G. Subgrupo 6; obra 6: camiños da zona de C.P. de Pezobre (Santiso-A Coruña), X-4569: 136.172.727 pesetas (818.414,57 euros). Clasificación: categoría

C. Grupo G. Subgrupo 6; obra 7: acondicionamento de predios e camiños secundarios na zona de C.P. de Moar, Santa Eulalia (Frades-A Coruña), X-4610: 13.623.721 pesetas (81.880,21 euros). Clasificación: non é necesaria.

5. Garantías.

Provisional: o 2% do orzamento de licitación en cada obra.

Definitiva: o 4 % do orzamento de adxudicación en cada obra.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Teléfono: 981 54 57 68.

e) Telefax: 981 54 57 43.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, tódolos días laborables, agás sábados, desde as 9 ás 14 horas.

Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación a través da Internet no enderezo: http://www.xunta.es/contratación.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás catorce horas de día 4 de xullo de 2001.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria (edificios administrativos de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

8. Posibilidade de variantes.

Non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: sala de xuntas da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela, 15771.

d) Data: 9 de xullo de 2001.

e) Hora: 13 horas.

10. Gastos de anuncios.

O importe do anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2001.

P.D. (Orde 12-1-2001)

José Antonio Álvarez Vidal

Secretario xeral da Consellería de Agricultura,

Gandería e Política Agroalimentaria