Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Xoves, 21 de xuño de 2001 Páx. 8.381

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/163-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: recuamento L.M.T. praza Independencia.

Situación: Vigo.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 15 kV, con conductor tipo R.H.V. Tramo I de 80 m de lonxitude desde o empalme coa L.M.T. ó C.T. San Amaro, na rúa Regueiro ata o empalme coa mesma liña ó outro lado da rúa. Tramo II de 50 m de lonxitude, desde o empalme coa L.M.T. BAL 7.21 na avda. Camelias ata o empalme coa L.M.T. ó C.T. praza Independencia. Tramo III de 80 m de lonxitude, desde o C.T. praza Independencia I ata o empalme coa L.M.T. ó C.T. praza Independencia III, na rúa Pintor Lugrís. Toda a instalación está situada no concello de Vigo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 30 de abril de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra