Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Xoves, 21 de xuño de 2001 Páx. 8.380

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de abril de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución para o trazado da L.M.T., C.T. e R.B.T. de Billetes, no concello de Abadín e da súa declaración de utilidade pública. (Expediente 15/2000 A.T.).

1. Autorización administrativa.

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, de autorización de instalacións eléctricas, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución para o trazado das liñas eléctricas de referencia, que contan coas características, técnicas que se sinalan a continuación:

a) Peticionario: BEGASA.

b) Finalidade: mellora-la calidade do servicio nas zonas de influencia.

c) Características técnicas principais:

-Liña de media tensión aérea con orixe na L.M.T. a Billetes e remate no C.T. proxectado de Billetes, de 767 m de lonxitude a 20 kV sobre apoios metálicos e de formigón en conductor LA-56.

-Centro de transformación aéreo de intemperie de Billetes de 160 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/380-220 V.

- Rede de baixa tensión aérea de Billetes de 1.850 m de lonxitude a 380/200 V sobre apoios de formigón en conductor R.Z.

2. Urxente ocupación.

O beneficiario, ó amparo do título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, solicita, así mesmo, a declaración de utilidade pública das instalacións incluídas neste proxecto, que segundo o sinalado no artigo 54 da devandita lei, levará implícito en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, Polo tanto, esta resolución de información pública, na que se relacionan tódolos bens e dereitos afectados pola urxente ocupación, realízase tamén para os efectos previstos no citado título IX da Lei 54/1997 e, no que non se opoñan a ela, nos artigos 10, 16 e 31.5º do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, polo que se aproba o regulamento da Lei sobre expropiación forzosa e sancións en materia de intalacións eléctricas.

3. Alegacións.

O que se fai pública para que poida examinarse o proxecto de instalacións nesta Delegación Provincial (edificio administrativo, Ronda da Muralla 70, Lugo), e formula-las reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas durante o prazo de trinta días. Igualmente, os interesados poderán formular, se é o caso, e no mesmo prazo, alegacións por escrito que farán en relación co disposto nos artigo 25 e 26 do Decreto 2619/1966, podendo corrixi-los erros que se encontren ó relaciona-los bens afectados ata o mesmo momento do levantamento das actas previas.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 27 de abril de 2001.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 15/2000Provincia: Lugo

Reelectrificación en Billetes (Castromaior)Termo municipal: Abadín

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezoNºmmlm

48AXunqueiraPradoJosé Leiras VerdesRosalía de Castro, 68

Montrove, Oleiros

15179 A Coruña

12121231

48CXunqueiraPradoEduardo Carballeira GilR/ Fraga Bello, 11

27800 Vilalba (Lugo)

17187

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezoNºmmlm

49XunqueiraPradoEduardo Carballeira GilR/ Fraga Bello, 11

27800 Vilalba (Lugo)

13168748