Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Xoves, 21 de xuño de 2001 Páx. 8.376

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 2001 pola que se anuncia a licitación do concurso, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, da obra de clave PO/98/78.1.

a) Obra.

1. Nova vía para o acceso ó núcleo urbano da Estrada desde a C-541, concello da Estrada.

Clave: PO/98/78.1.

Orzamento: noventa e cinco millóns duascentas vinteoito mil seiscentas sesenta e oito (95.228.668) pesetas, (equivalentes a 572.335,82 euros).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría d.

Garantía provisional: non se esixe.

(Declarada urxente consonte o establecido no artigo 71 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

b) Documentos de interese para os licitadores.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como os proxectos, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións,

os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela. Teléfono de información 981 54 49 86.

Así mesmo, tamén se poderá obte-lo prego de cláusulas administrativas particulares relativo a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://

www.xunta.es/contratacion/

E en Copy Nino, rúa Xeneral Pardiñas nº 2. Teléfono 981 58 89 38.

c) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a garantía provisional indicada na letra a) anterior, agás nos casos establecidos no artigo 35 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, e unha garantía definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

A devandita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

d) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 del Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do décimo quinto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

f) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación ás once horas do décimo día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, contado a partir do último día de presentación de proposicións na sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

g) Outras informacións.

A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre nº 1), segundo se especifica no punto 2.2.6 Constitución e funcionamento da mesa, do prego de cláusulas administrativas particulares.

h) Variantes.

Segundo o especificado no parágrafo F do cadro de características.

i) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe deste anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2001.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda