Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Xoves, 21 de xuño de 2001 Páx. 8.357

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 4 de maio de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da acta de acordo levantada pola comisión xeral de negociación do convenio colectivo para o persoal laboral ó servicio do Concello de Viana do Bolo.

Visto o texto da acta de acordo levantada pola comisión xeral de negociación do convenio colectivo para o persoal laboral ó servicio do Concello de Viana do Bolo (código de convenio 3200732, publicado no BOP nº 162, do 17-7-1999), con entrada nesta delegación provincial o día 24-4-2001, subscrito con data do 5-3-2001, polos membros da comisión xeral de negociación do citado convenio, en representación do concello e do seu persoal laboral, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3' do Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado polo Real decreto 1/1995, do 24 de marzo, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo e demais normas aplicables de dereito común, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 4 de maio de 2001.

José Lage Lage

Delegado provincial de Ourense

Acta da comisión xeral de negociación do convenio

colectivo para o persoal laboral ó servicio

do Concello de Viana do Bolo

Polo Concello de Viana do Bolo:

Sergio González Bruña, alcalde-presidente.

Dosindo Guerra García.

Polos traballadores/as:

Helena Fernández Fernández (CIG).

Francisco José Estévez García (CIG).

Juan Antonio Rodríguez Camba (CIG).

Asesores:

M. Anxo García Torres (CIG).

Miguel Diéguez Díaz (polo concello).

En Viana do Bolo, o 5 de marzo do ano 2001, nos locais do concello, reúnese a comisión xeral de negociación do convenio colectivo, logo das reunións mantidas os días 4 de xaneiro de 2001 e 9 de febreiro de 2001, coa seguinte orde do día:

-Réxime retributivo ano 2001 (en desenvolvemento do artigo 21 do convenio colectivo).

-Homologación salarial do Departamento de Asistencia Social.

-Proposta de mobilidade funcional de certas categorías.

-Publicación e posta en marcha do sistema de listas de contratación laboral temporal.

Acordos:

Réxime retributivo ano 2001.

As partes chegan ó acordo de imputar como incremento ós salarios do persoal laboral o 19,5% da

diferencia existente cos salarios dos funcionarios/as, consonte a táboa de equiparamento que se achega (anexo) e de acordo coa formula contida para o ano 2001 no artigo 21 do convenio colectivo vixente (BOP 17-7-199), con efectos retroactivos do 1 de xaneiro de 2001. Os atrasos derivados deste acordo serán aboados coa nómina do mes de marzo de 2001.

Homologación salarial do Departamento de Asistencia Social.

As partes chegan ó acordo de homologar salarialmente as dúas traballadoras do Departamento de Asistencia Social, cos salarios vixentes para o 2001, das categorías homólogas do convenio colectivo para o persoal laboral ó servicio da Xunta de Galicia, O sistema de homologación salarial, aproximación retributiva e treitos homologadores será definido na reunión que a comisión xeral de negociación do convenio colectivo manterá no mes de setembro de 2001. Os efectos salariais de tal homologación comezarán a producirse a partir do mes de setembro de 2001.

Proposta de mobilidade funcional de certas categorías. Publicación e posta en marcha do sistema de listas de contratación laboral temporal.

As partes chegan ó acordo de estudiar e tratar este asunto na próxima reunión da comisión xeral de negociación que teña lugar, conxuntamente coa posta en marcha e publicación do sistema de listas de contratación temporal.

E non tendo máis asuntos que tratar, asínase esta acta en Viana do Bolo, na data enriba indicada.

ANEXO

Táboa salarial 2001

Concello de Viana do Bolo

PostoSalarios 2000+IPC (2%)Salario 2001Salario equiparado 2003

S.BC.CV.Ant.PETotalS.BC.CV.Ant.PETotalS.BC.CV.Ant.PETotal

Oficial de 1ª e conduc.

Francisco X. Estévez García104.9007.1573.219115.276111.19712.1463.579126.922137.19132.7395.066174.996

Máximo Bembibre Vega104.9007.1571.108113.165111.19712.1461.880125.222137.19132.7395.066174.996

Bernardino Rodríguez Fdz.104.9007.15710.956123.013111.19712.14610.301133.644137.19132.7397.599177.529

Auxiliar de clínica

Arminda Vidueira Jares90.7375.72612.906109.37094.4459.71711.575115.737109.75326.1916.078142.022

Peóns e limpadoras

Fernando Fdez. Castaño87.5817.15783095.56994.50612.1461.409108.061123.09232.7393.798159.629

Serafín García Couso87.5817.15716.871111.60994.50612.14615.062121.714123.09232.7397.596163.427

Federico Diéguez Asenjo104.4807.15720.273131.909108.10912.14616.690136.944123.09232.7391.899157.730

Domingo Estévez Yáñez87.5817.1571.03395.77294.50612.1461.943108.594123.09232.7395.697161.528

Xoán Vidal Rodríguez87.5817.15716.871111.60994.50612.14615.062121.714123.09232.7397.596163.427

Manuel García Rivera96.0317.15720.236123.424101.30812.14618.512131.965123.09232.73911.394167.225

Antonio Yáñez Pérez87.5817.15731.219125.95894.50612.14627.353134.005123.09232.73911.394167.225

José M. Rodríguez García104.4807.157830112.467108.10912.1461.409121.664123.09232.7393.798159.629

Helena Fdz. Fdz.67.0315.72613.67186.42973.1639.71711.89494.77498.47426.1914.560129.224

Dores Fariñas Domgz. (œ)43.7913.5798.54555.91447.2536.0737.43460.76061.54616.3702.85080.766

Antonia Méndez Dgz. (œ)43.7913.5793.54555.91447.2536.0737.43460.76061.54616.3702.85080.766

María García Vidueira (œ)52.2403.5799.38965.20954.0556.0738.11468.24261.54616.3702.85080.766

Conserxes

Xosé Antón Rdz. Camba96.0317.1577.159110.348101.30812.1466.874120.328123.09232.7395.697161.528

Nieves Vidal Nogueira96.0317.15719.369122.557101.30812.14618.925132.378123.09232.73917.091172.922