Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Mércores, 20 de xuño de 2001 Páx. 8.338

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO do estudio sobre a superación de indicadores relativo ó número de licencias en distintos núcleos rurais no termo municipal de Vigo.

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo na súa sesión do día 26 de abril de 2001 acordou declarar que no núcleo que se indica a continuación se superaron os indicadores que, para determina-la necesidade de formación de plans especiais, contén o número 3.9.5 das normas urbanísticas, e, daquela, declarar esgotadas as posibilidades edificatorias e parcelatorias do referido núcleo en tanto non se aprobe o correspondente plan especial, e inicia-lo expediente de formulación do plan especial de mellora

do núcleo, por redacción directa dos servicios técnicos municipais de planeamento, ou mediante contratación dunha asistencia técnica.

O núcleo é o seguinte:

Expediente: 6311/411.

Núcleo: 02.04 Gándara.

Tipo: C.

O que se publica para o xeral coñecemento.

Vigo, 11 de maio de 2001.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde, presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo