Aprobado inicialmente pola Alcaldía, o 31 de maio de 2001, o proxecto de urbanización correspondente á reparcelación do parque empresarial de Matela, sométese a información pública polo prazo dun mes a partir da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante o cal poderá examinarse na secretaría municipal en horas de oficina e formularse, se é o caso, as alegacións que se consideren procedentes, dirixidas por escrito ó alcalde, de acordo co disposto no artigo 44 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.
Outeiro de Rei, 6 de xuño de 2001.
José Pardo Lombao
Alcalde