Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Mércores, 20 de xuño de 2001 Páx. 8.335

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 7 de xuño de 2001, da Dirección Xerencia de Atención Primaria de Santiago de Compostela, pola que se anuncia o concurso público 6/2001, para a adquisición dunha cámara retiniana con adaptador.

A Xerencia de Atención Primaria de Santiago de Compostela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998, da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais (DOG nº 88, do 11 de maio), sobre delegacións de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas, convoca o seguinte concurso público, procedemento aberto, trámite de urxencia para a adquisición dunha cámara retiniana con adaptador.

1. Obxecto e orzamento.

1.1. Adquisición de cámara retiniana con adaptador concurso público 6/2001, por un orzamento estimado total de 8.800.000 pesetas (52.889,07 euros), IVE incluído.

2. Prazo de execución.

10 días desde a formalización.

3. Admisión de variantes.

Non se admiten.

4. Solvencia económica e financeira.

Acreditarase mediante calquera dos medios sinalados no artigo 16 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Ley de contratos das administracións públicas.

5. Solvencia técnica.

Acreditarase mediante calquera dos medios sinalados no artigo 18 do Real decreto lexislativo 2/2000 do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Ley de contratos das administracións públicas.

6. Criterios de adxudicación.

Igual que a folla de especificacións.

7. Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden solicitala na Sección de Contratación Administrativa da Xerencia de Atención Primaria de Santiago de Compostela, sito na rúa Santiago León de Caracas, nº 12 CP 15701, nos días de luns a venres desde as 9 ata as 14 horas, ou ó teléfono 981 52 73 27 e fax 981 59 66 20, durante o prazo de admisión das proposicións.

8. Garantías esixidas:

Provisional: non se establece.

Definitiva: 4% ver punto 11 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

9. Presentación de proposicións.

As proposicións presentaranse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da Xerencia de Atención Primaria de Santiago de Compostela antes das 14 horas do oitavo día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, o prazo de presentación finalizará o seguinte día hábil.

10. Apertura de proposicións.

A apertura das proposicións admitidas, será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Xerencia de Atención Primaria de Santiago de Compostela, ás 9 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado. No caso de que o mencionado día coincida en sábado ou festivo, o prazo de presentación finalizará o seguinte día hábil.

11. Documentación que deberán presenta-los licitadores.

Os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Anuncios.

Os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2001.

David Bouza Álvarez

Director xerente da Xerencia de Atención Primaria de Santiago de Compostela