Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Mércores, 20 de xuño de 2001 Páx. 8.333

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO LÁCTEO E GANDEIRO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 7 de xuño de 2001 pola que se anuncia a convocatoria dun concurso, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación dos controis sobre o terreo das axudas por superficies, declaración de superficies forraxeiras e indemnizacións compensatorias. Campaña 2001-2002.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia (Ilgga).

Dependencia tramitadora: Servicio de Xestión Económica e Contratación.

Número de expediente: concurso 1/2001.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: execución do servicio consistente na realización dos controis sobre o terreo das axudas por superficies, declaración de superficies forraxeiras e indemnizacións compensatorias. Campaña 2001-2002.

b) Lotes: 1 por cada provincia.

c) Lugar de execución: nas catro provincias de Galicia.

d) Prazo de execución: desde a adxudicación ata o 30 de setembro para a primeira fase e o 31 de outubro de 2001 para a segunda.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: por concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 18.935.840 pesetas.

Por lotes.

Lote I: 2.777.040 pesetas.

Lote II: 8.352.000 pesetas.

Lote III: 4.339.560 pesetas.

Lote IV: 3.467.240 pesetas.

5. Garantías.

Provisional: non se esixe.

Definitiva: 757.434 pesetas.

Por lotes.

Lote I: 111.082 pesetas.

Lote II: 334.080 pesetas.

Lote III: 173.582 pesetas.

Lote IV: 138.690 pesetas.

6. Obtención de información e documentación.

Solicitude de documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas, así como o modelo de proposición económica, estarán á disposición dos interesados na Secretaría do Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia (Ilgga), rúa dos Irmandiños, s/n, 15704, Santiago de Compostela.

Teléfono: 981 54 62 60.

Fax: 981 54 61 91.

Data límite obtención de documentos e información: a do remate do prazo para presenta-las proposicións.

7. Clasificación: non se esixe.

8. Presentación de oferta.

Data límite: o oitavo día natural seguinte ó da publicación no DOG deste anuncio.

Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación: no rexistro xeral do Ilgga, co enderezo indicado no punto 6.

Prazo de obrigado mantemento da oferta: tres meses desde a apertura da proposición económica.

Variantes: non se admiten.

9. Apertura das proposicións.

As proposicións económicas abriranse, en acto público, na sala de xuntas do Ilgga, no enderezo sinalado no punto 6, ás 12 horas do sexto día natural seguinte ó do remate do prazo para presenta-las proposicións, agás cando sexa sábado ou festivo; neste caso a apertura en acto público terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

10. Gastos do anuncio.

Serán por conta do adxudicatario os gastos que ocasione a publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2001.

Secundino Grobas Mosquera

Director do Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia