Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Mércores, 20 de xuño de 2001 Páx. 8.332

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 10 de maio de 2001, da Área Provincial da Coruña, pola que se lle notifica ó interesado, unha vez intentada a notificación a que se refire o artigo 59 da Lei 30/1992, o acordo de incoación de expediente administrativo de desafiuzamento 27/2001. Non ocupación. (Regularización).

Por medio desta cédula, e en cumprimento do disposto no artigo 142 do Regulamento de VPO aprobado polo Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, notifícaselle ó interesado, cos datos e último enderezo coñecido sinalado no anexo, o acordo de incoación do correspondente expediente administrativo de desafiuzamento que, co número que se indica, se iniciou neste organismo por non destina-la vivenda a domicilio habitual e permanente do beneficiario ou arrendatario, causa prevista nos artigos 30.6º do Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da lexislación de VPO e 138.6º do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo.

Concédese o prazo de 15 días hábiles desde o seguinte ó da publicación desta cédula para a contestación ó acordo ante este servicio provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, alegando por

escrito o que consideren conveniente e, se é o caso, achegando ou propoñendo as probas que crean oportunas para o seu descargo. Transcorrido o dito prazo darase por realizado o trámite seguindo o seu curso o expediente.

Para que conste e lles sirva de notificación ó interesado de dirección descoñecida, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña, 10 de maio de 2001.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Nº expediente de desafiuzamento: 27/2001.

Expedientada: Mª Carmen Martínez González e herdeiros.

Último domicilio coñecido: r/ Petunias, 19-5º esq. Barrio das Flores (A Coruña).

(Expediente C-136-CD/63, conta 955).