Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Mércores, 20 de xuño de 2001 Páx. 8.307

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 2001 pola que se autoriza o cambio de localización dos viveiros denominados Olvido III e Olvido IV.

Visto o expediente instruído para efectos de outorgamento de autorización para o cambio de localización dos mencionados viveiros, apreciáronse os seguintes

A) Feitos.

Primeiro.-Mediante escrito de data 27-4-2000, Manuel Lestón Rey, DNI 33.183.574, na súa condición de titular, solicitou permiso para o cambio de localización do viveiro denominado Olvido IV -con concesión para a cuadrícula 28 do polígono Muros A- para a cuadrícula 100 do polígono Muros B.

Así mesmo, na mesma data, presentou outro escrito no que, como representante legal de Olvimar, S.L. (CIF B15268337), solicitou permiso para o cambio de localización do viveiro denominado Olvido III -con concesión para a cuadrícula 16 do polígono Muros A- para a cuadrícula 9 dese mesmo polígono Muros A.

Segundo.-O interesado aportou a documentación requirida para a tramitación neste tipo de procedementos.

Terceiro.-No expediente consta a seguinte documentación:

-Informe técnico das características e situación do viveiro.

-Informe das organizacións do sector.

B) Fundamentos de dereito.

Primeiro.-Este órgano é competente para resolve-lo expediente de conformidade coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (Diario Oficial de Galicia nº 101) e co Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Tegulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Segundo.-O expediente tramitouse de conformidade co disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vistos os antecedente citados e de acordo cos fundamentos de dereito, esta consellería

RESOLVE:

Outorgar ós seus titulares autorización para o cambio de localización dos viveiros que se indican:

-Subtipo: batea.

-Nome: Olvido III.

-Especies: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

-Titular: Olvimar, S.L. (CIF: B15268337).

-Localización actual: cuadrícula: 16. Polígono: Muros A. Distrito: Muros (A Coruña).

-Nova localización: cuadrícula: 9. Polígono: Muros A. Distrito: Muros (A Coruña).

-Subtipo: batea.

-Nome: Olvido IV.

-Especies: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

-Titular: Manuel Lestón Rey (DNI: 33.183.574).

-Localización actual: cuadrícula: 28. Polígono: Muros A. Distrito: Muros (A Coruña).

-Nova localización: cuadrícula: 100. Polígono: Muros B. Distrito: Muros (A Coruña).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira.-O cambio de localización realizarase no prazo máximo de 3 (tres) meses contados desde o día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia da presente resolución. Rematado o citado prazo sen que o cambio se levara a cabo, a autorización quedará sen efecto.

Segunda.-O viveiro contará coa pertinente autorización dos organismos competentes na materia para o traslado á nova localización.

Terceira.-A data de fondeo deberá ser comunicada con antelación suficiente, mediante escrito dirixido á Delegación Territorial desta consellería na Coruña, para os efectos de que este se realice baixo a supervisión e o control de persoal técnico do Servicio de Protección de Recursos.

Cuarta.-A concesión manterá os prazos, dereitos e obrigas da anterior localización.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdicción contecioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses, contados en ámbolos dous casos desde o día seguinte ó da publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2001.

Amancio Landín Jaráiz

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura