Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Mércores, 20 de xuño de 2001 Páx. 8.303

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 2001 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto por concurso e trámite urxente, da contratación de dúas obras.

A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anuncia-la licitación, mediante procedemento aberto, por concurso e trámite urxente, dos seguintes contratos de obras:

1. Reparación da cubertra do convento de Santa Clara de Monforte de Lemos (Lugo).

-Orzamento de licitación: dezanove millóns novecentas noventa e unha mil setecentas cincuenta e nove pesetas (19.991.759 pesetas), (120.152,9 euros), IVE incluído.

-Prazo de execución: nove (9) meses.

-Garantía provisional: dispensada.

-Clasificación do contratista: grupo K, subgrupo 7, categoría c.

2. Obras de posta en valor da ponte da Cigarrosa. A Rúa-Petín (Ourense).

-Orzamento de licitación: dezanove millóns oitocentas oitenta e unha mil catrocentas noventa e cinco pesetas (19.881.495 pesetas), (119.490,2 euros), IVE incluído.

-Prazo de execución: tres (3) meses.

-Garantía provisional: dispensada.

-Clasificación do contratista: grupo K, subgrupo 7, categoría d.

-Exposición da documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares e os proxectos de obras estarán de manifesto no Servicio de Obras e Contratación da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, e nas delegacións provinciais durante o prazo de presentación de proposicións, de 10 a 14 horas, e no teléfono 981 58 89 38. Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos relativos a estas contratacións no seguinte enderezo da Internet:

http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?

N=497... convento Santa Clara.

http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?

N=498... ponte da Cigarrosa.

-Prazo de presentación de proposicións: será ata as 14 horas do décimo terceiro día natural, contado a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

-Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral da consellería en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente. Se as proposicións se cursan por correo, haberá que aterse ó previsto na cláusula 7.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

-Documentación que presentarán os licitadores: a establecida pola cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares. As empresas que licitan a máis dunha contratación, deberán presentar toda a documentación (sobres A, B, C) para cada un dos contratos.

-Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación ás 11 horas do sétimo día natural seguinte ó do remate do prazo de admisión de proposicións na sala de xuntas da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Se coincidise en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte á mesma hora.

-O importe do anuncio do presente concurso correrán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2001.

P.D. (Orde 15-12-1997)

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura,

Comunicación Social e Turismo