Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no título VII do Real decreto
1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.
Domicilio social: Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.
Denominación: reelectrificación de Cancillón.
Situación: Guitiriz.
Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV con orixe na L.M.T. a C.T. de Parga e final en C.T. de Cancillón de 18 m de lonxitude en conductor LA-56 sobre apoios de formigón. C.T de 50 kVA relación 20.000/380-220 V. L.B.T. de 890 m de lonxitude en conductor R.Z. sobre apoios de formigón.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Lugo, 24 de abril de 2001.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo