Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S., CC.TT. Travesía de Fontaldeiro (Llaco, S.L.).
Situación: Ames.
Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al, de 745 m de lonxitude, con orixe, no tramo de liña existente entre o C.T. Pedregal nº 20 e o C.T. avda. de Mahía 38, alimentando os CC.TT. Travesía Forfaldeiro e C.T. novo vial, ámbolos dous a instalar e final no C.T. avda. Mahía, 38.
Centros de transformación, en locais sobre placa dous edificacións, de 400 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV. Concello de Ames.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta Delegación Provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.
A Coruña, 7 de maio de 2001.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña