Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Mércores, 20 de xuño de 2001 Páx. 8.291

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 2001, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se convoca concurso público, polo trámite de urxencia, para a contratación dos servicios de comedor escolar de xestión indirecta con empresas hostaleiras para o curso 2001/2002.

1. Entidade adxudicadora: Xunta de Galicia.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Coordinación Administrativa e Xestión Orzamentaria.

2. Obxecto do contrato e orzamento base de licitación:

a) Descrición do obxecto e orzamento base de licitación. Prestación do servicio de comedor escolar nas condicións que se especifican nos pregos de

cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas dos centros escolares públicos que se relacionan e polo importe que se especifica:

1. IES Betanzos (A Coruña): 2.783.880 pesetas IVE incluído.

2. IES Melide (A Coruña): 4.326.300 pesetas IVE incluído.

3.CEIP Celso E. Ferreiro-Cerceda (A Coruña): 6.835.500 pesetas IVE incluído.

4. CEIP Córneas-Baleira (Lugo): 2.366.700 pesetas IVE incluído.

5. IES Lamas das Quendas-Chantada (Lugo): 3.197.700 pesetas IVE incluído.

6. IES Río Cabe-Monforte de Lemos (Lugo): 3.197.700 pesetas IVE incluído.

7. CEIP Vilardíaz-A Fonsagrada (Lugo): 3.601.500 pesetas IVE incluído.

8. CEIP E. Cela-Triacastela (Lugo): 5.733.000 pesetas IVE incluído.

9. CEIP Pedrafita do Cebreiro (Lugo): 5.962.320 pesetas IVE incluído.

10. CEIP Lois Tobío-Viveiro (Lugo): 7.291.200 pesetas IVE incluído.

11. IES Val do Asma-Chantada (Lugo): 8.820.000 pesetas IVE incluído.

12. IES M. Sarmiento-Viveiro (Lugo): 11.874.240 pesetas IVE incluído.

13. IES Daviña Rei-Monforte de Lemos (Lugo): 12.083.400 pesetas IVE incluído.

14. IES A Pontenova (Lugo): 12.259.800 pesetas IVE incluído.

15. IES A Pinguela-Monforte (Lugo): 12.927.600 pesetas IVE incluído.

16. IES Becerreá (Lugo): 13.230.000 pesetas IVE incluído.

17. IES A Pastoriza (Lugo): 14.200.200 pesetas IVE incluído.

18. IES Basanta Silva de Vilalba (Lugo): 16.348.725 pesetas IVE incluído.

19. IES nº 6 Ourense: 2.217.600 pesetas IVE incluído.

20. IES A Pobra de Trives (Ourense): 2.376.000 pesetas IVE incluído.

21. IES nº 1 Universidade Laboral de Ourense: 3.118.500 pesetas IVE incluído.

22. IES Bande (Ourense): 3.296.700 pesetas IVE incluído.

23. IES Celanova (Ourense): 5.301.450 pesetas IVE incluído.

24. IES O Carballiño (Ourense): 11.044.320 pesetas IVE incluído.

25. IES Silleda (Pontevedra): 4.544.100 pesetas IVE incluído.

b) Prazo de execución: curso escolar 2001/2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: de urxencia.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4) Garantías.

Provisional: dous por cento do orzamento base de licitación.

Definitiva: catro por cento do importe de adxudicación.

5) Obtención de documentación e información.

5.1 Información.

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (Oficina de Información).

Domicilio: edificio administrativo San Caetano,s/n, 15704 Santiago de Compostela e delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Teléfono: 981 54 44 61.

c) Telefax: 981 54 54 43.

5.2 Documentación:

a) Teléfono: 981 58 54 55.

b) Enderezo: praza de Mazarelos, 14 baixo Santiago de Compostela (A Coruña).

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: exenta.

b) Outros requisitos: especificados no prego de cláusulas administrativas.

7. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: ás 14 horas do oitavo día natural seguinte ó de publicación desta resolución neste diario; se coincide en día inhábil, trasladarase ó seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 9 do prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación: no rexistro das delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, no rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, sito nos edificios administrativos de San Caetano, s/n, 15704 Santiago de Compostela, ou por correo, conforme o establecido no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): ata a resolución de adxudicación do concurso.

e) Admisión de variantes (concurso): non se admitirá a presentación de variantes.

8. Apertura das ofertas.

Entidade: delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra.

Datas:

A Coruña: quinto día natural, ás 10 horas contado desde a finalización do prazo de presentación de proposicións.

Lugo: sexto día natural, ás 10 horas contado desde a finalización do prazo de presentación de proposicións.

Ourense: septimo día natural, ás 10 horas contado desde a finalización do prazo de presentación de proposicións.

Pontevedra: quinto día natural, ás 13.30 horas contado desde a finalización do prazo de presentación de proposicións.

Cando coincida en día inhábil trasladarase ó seguinte día hábil.

9. Gastos de anuncios: a rateo por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2001.

P.D. (Orde 21-6-1996)

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria