Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Mércores, 20 de xuño de 2001 Páx. 8.254

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 8 de xuño de 2001 pola que se resolve a cesión en propiedade de equipos de excarceración para misións de protección civil.

Por Orde do 8 de febreiro de 2001 (DOG nº 39, do 23 de febreiro), a Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais anunciou medidas de apoio ós concellos galegos, consistentes na cesión de equipos de excarceración para misións de protección civil.

Analizadas as solicitudes e a súa documentación, os servicios competentes da Dirección Xeral de Interior e Protección Civil emitiron o correspondente informe, e de conformidade co punto 5º da devandita orde

RESOLVO:

Primeiro.-Conceder con cargo á aplicación 13.04.623.0, programa 231 A, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2001,

a cesión en propiedade dun equipo de excarceración ós concellos de Oleiros (A Coruña), Muíños (Ourense), Mancomunidade do Val Miñor e Ponteareas (Pontevedra).

Segundo.-Notificárlle-lo contido desta resolución ós concellos beneficiarios, especificando as condicións particulares que deberán cumprir, e que se formalizarán mediante convenio no que constará o acordo da cesión e a aceptación do cesionario.

Terceiro.-Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta orde, ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde. En todo caso, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2001.

Antonio Pillado Montero

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais