Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Martes, 19 de xuño de 2001 Páx. 8.239

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIVEIRO

ANUNCIO de poxa.

O Pleno do Concello, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 30 de marzo de 2001, aprobou o prego de cláusulas administrativas reguladoras do alleamento de tres inmobles de natureza patrimonial propiedade do Concello de Viveiro.

1. Obxecto do contrato: o alleamento dos seguintes bens:

a) Predio urbano nº 1:

Local comercial sito na planta baixa do edificio sinalado co número 51 da avenida da Mariña.

Ocupa unha superficie construída de cincuenta e cinco metros vintesete decímetros cadrados.

Arrendado a un particular en virtude de contrato do día 27 de xullo de 1970.

Libre de calquera outra carga o gravame.

b) Predio urbano nº 2:

Terceira planta alta do edificio sinalado co número 51 da avenida da Mariña.

Ocupa unha superficie útil de oitenta e dous metros cadrados, dos que oito metros setenta e seis decímetros cadrados están destinados a terraza.

Libre de cargas e gravames de calquera tipo.

c) Predio urbano nº 3:

Cuarta planta alta do edificio sinalado co número 51 da avenida da Mariña.

Ocupa unha superficie útil de oitenta e dous metros cadrados, dos que oito metros setenta e seis decímetros cadrados están destinados a terraza.

Libre de cargas e gravames de calquera tipo.

2. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: poxa.

3. Tipo de licitación: os prezos de saída de cada un dos bens, que poderán ser mellorados á alza, son os seguintes:

a) Predio urbano nº 1: vinte millóns (20.000.000) de pesetas, 120.202,42 euros.

b) Predio urbano nº 2: seis millóns (6.000.000) de pesetas, 36.060,73 euros.

c) Predio urbano nº 3: seis millóns (6.000.000) de pesetas, 36.060,73 euros.

Ós devanditos prezos haberá que engadirlle-los impostos repercutibles. Do mesmo xeito, entenderase que nas ofertas económicas que se presenten non se inclúen os impostos aplicables.

4. Garantías:

Provisional: 2% do tipo de licitación.

5. Obtención de documentación: o prego de cláusulas administrativas estarán á disposición de tódolos interesados no Negociado de Urbanismo e Contratación, sito nos claustros de San Francisco, avda. de Cervantes, s/n, en horario das 8 ás 15 horas.

6. Prazo de presentación das proposicións: 15 días naturais seguintes á publicación do anuncio no derradeiro dos boletíns oficiais (Diario Oficial de Galicia e BOP). No caso de que o día décimo quinto coincida en sábado, domingo ou festivo, entenderase o prazo prorrogado ata o día laborable seguinte.

7. Gastos pola conta do adxudicatario:

Os dos anuncios que xere a poxa, os preparatorios e os de formalización do contrato.

Os tributos estatais, autonómicos e locais que deriven do contrato.

8. Máis información: teléfono: 982 56 20 47, en horario das 8 ás 15 horas. Fax: 982 56 31 56. Correo electrónico: viveiro*fegamp.es.

Viveiro, 4 de maio de 2001.

Justo Vázquez Chao

Alcalde accidental