1. Entidade adxudicadora.
1.1. Organismo: Consellería de Medio Ambiente.
1.2. Dependencia que tramita: Secretaría Xeral.
2. Obxecto do contrato.
2.1. Descrición do obxecto: subministración de diversa maquinaria para a Consellería de Medio Ambiente.
2.2. Prazo de execución: dous meses.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
3.1. Tramitación: urxente.
3.2. Procedemento: aberto.
3.3. Forma: concurso público.
4. Orzamento base de licitación:
Importe total: corenta e catro millóns cincocentas vintecinco mil (44.525.000) pesetas, IVE incluído (267.600,64 euros).
5. Fianza provisional:
Non se esixe.
6. Fianza definitiva:
4% do orzamento de licitación do lote ou lotes adxudicados.
7. Documentación e información.
7.1. Documentación:
Os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán esta contratación estarán á disposición dos interesados, durante o prazo de presentación de proposicións, na Subdirección Xeral de Xestión Orzamentaria e Contratación da Consellería de Medio Ambiente, sita na rúa Os Basquiños, nº 2 de Santiago de Compostela, e na páxina da Internet: www.xunta.es/contratacion/resultado.asp? N= 482.
Para os efectos de información, as empresas que retiren os pregos da páxina web e estean interesados en concursar a esta licitación, deberán enviar, ó seguinte enderezo de correo electrónico: rosa.blanco.tubio*xunta.es, os datos que a continuación se relacionan:
-No punto Asunto: obxecto do prego.
-Nome da empresa.
-Nº de teléfono.
7.2. Información.
Teléfono: 981 54 17 49.
8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
8.1. Data límite da presentación: ás 14 horas do oitavo día natural a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución neste diario; se coincide en día inhábil trasladarase ó seguinte día hábil.
8.2. Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.
8.3. Lugar de presentación:
a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente.
b) Enderezo: rúa dos Basquiños nº 2.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
9. Apertura das ofertas.
a) Entidade: Consellería da Presidencia e Administración Pública, sala de xuntas B.
b) Enderezo: complexo administrativo de San Caetano.
c) Localidade: Santiago de Compostela.
d) Data: o sexto día natural contado desde o seguinte ó do termo de presentación das proposicións; se coincide en sábado ou festivo trasladarase ó seguinte día hábil.
e) Hora: ás 12 horas.
10. Gastos do anuncio: pola conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2001.
P.D. (Orde 12-1-1998)
José Luis Aboal García-Tuñón
Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente