Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Martes, 19 de xuño de 2001 Páx. 8.225

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (50/2001).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos nº 50/2001 seguidos por instancia de Rubén Cotelo Arijón, contra Plásticos Bergantiños, S.L. y otra, sobre salarios, nos que recaeu sentencia en data 8-5-2001 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Que, estimando a demanda formulada por Rubén Cotelo Arijón e José Manuel Ferreiro Siárez, contra as empresas Plásticos Bergantiños, S.L. e Sodipal, S.L. condénoas solidariamente a aboarlles a cantidade de 409.462 pesetas a cada un deles, que lles deben en concepto de salarios.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este Xulgado do Social, no prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte ó da súa notificación.

Prevense a empresa demandada que para recorrer deberá acreditar ter ingresado na c/c de consignacións código 5604.0000.60 50-2001 do Banco Bilbao-Vizcaya desta cidade, denominada Conta do Xulgado do Social número tres, o importe da condena e 25.000 pesetas en concepto de depósito, requisitos sen os cales non será admitido a trámite o recurso e quedará firme a sentencia.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Sodipal, S.L., expido e asino a presente na Coruña o 8 de maio de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado