Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Luns, 18 de xuño de 2001 Páx. 8.146

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 9 de maio de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da iniciación do expediente sancionador 15-2022/00, en materia de defensa do consumidor.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións

públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), notifícaselle ás persoas mencionadas a continuación (que non puideron ser notificadas no último domicilio coñecido que así mesmo se indica) a iniciación do expediente 15-2022/00 por infracción en materia de defensa do consumidor.

O que se comunica ó interesado para que no prazo de 10 días hábiles, contados a partir do seguinte ó desta notificación, efectúe as actuacións preliminares, a achega de cantas alegacións, documentos ou informacións estime convenientes e, se é o caso, a proposición e práctica de probas, advertindo o interesado de que lle queda posto de manifesto o expediente e que, de non efectuar alegacións contra o contido do presente acordo de iniciación, este poderá ser considerado como proposta de resolución.

Expediente: 15-2022/00.

Inculpado: Averías a Domicilio 24 h, S.L.

Domicilio: r/ L. Quintás Goyanes, nº 8, P-1, 1º A, 15009 (A Coruña).

Motivos: obstrucción ó labor inspector.

Data da iniciación: 2-5-2001.

A Coruña, 9 de maio de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña