Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Luns, 18 de xuño de 2001 Páx. 8.145

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 7 de maio de 2001, da Delegación Territorial de Vigo, pola que se fai pública unha relación de notificacións de resolucións de recursos de alzada de expedientes sancionadores (PESAN1 2000/000148-5 e outro máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícase ás persoas que a continuación se relacionan, as resolucións de recursos de alzada dos expedientes instruídos por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros (DOG nº 99, do 27 de maio).

Os interesados dispoñen dun prazo de dez días, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto, para examinaren o expediente e interpoñeren, dentro do prazo que en cada caso se establezca, o recurso pertinente.

Os expedientes relacionados a seguir atópanse ó dispor dos interesados na citada Delegación Territorial de Vigo, r\ Palma, 4.

Nº de expediente: PESAN1 2000/000148-5.

Denunciado: Milagros Gutiérrez Gregorio.

DNI: 76.807.644.

Enderezo: O Viso-Vilariño, 17 Cangas do Morrazo.

Precepto infrinxido: 6.14º.

Sanción: 78.000 pesetas, 468,79 euros.

Resolución: desestimatoria confirmando a resolución impugnada.

Nº de expediente: PESAN1 2000/000334-5.

Denunciado: Jose Torres Padin.

DNI: 35.446.949.

Enderezo: Cores, 30 Vilanova de Arousa.

Precepto infrinxido: 6.10º.

Sanción: 35.000 pesetas, 210,35 euros.

Resolución: desestimatoria confirmando a resolución impugnada.

De conformidade co previsto na Orde de Economía e Facenda do 22 de maio de 1987 (DOG nº 104, do 3 de xuño), as devanditas sancións deberán ser abonadas na c/c nº 2091/0501/66/3110000041 da Caixa de Aforros de Galicia, oficina principal de Vigo, título da conta Tesouro da Facenda galega. Conta restrinxida da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura. Recadación de multas e sancións, nos prazos establecidos no Regulamento xeral

de recadación. No suposto de non ser aboadas procederase, sen máis trámite, ó seu cobramento pola vía de constrinximento regulamentaria.

Vigo, 7 de maio de 2001.

Rosa Mª Quintana Carballo

Delegada territorial de Vigo