Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Luns, 18 de xuño de 2001 Páx. 8.140

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 7 de maio de 2001, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se notifican as resolucións de recursos interpostos contra os expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente DX-00196-I-2000).

Por medio desta cédula notifícaselle ó denunciado, cos datos e último domicilio coñecido que se sinala no anexo, as resolucións dos recursos interpostos contra as resolucións sancionadoras recaídas nos expedientes sancionadores que se citan no anexo.

Fáiselles saber que contra as ditas resolucións, que se transcriben definitivas en vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante a Sala

do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da publicación desta cédula.

En caso de conformidade con estas resolucións, deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 13.763.620 do Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, S.A., sucursal de Santiago de Compostela.

Para que conste, lles sirva de notificación ós citados denunciados, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela o 7 de maio de 2001.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes

ANEXO

-Expediente

-Matrícula

-Denunciante

-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado

-Data-Hora-Estrada-p.k.

-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

-Resolución

recurso.

DC-00196-I-2000

OR-1423-U

G.C. Tráfico

LE90R0033289433

Camilo Álvarez Lorenzo

Ribeiriño, 15, 321 Ourense

Da análise dos discos-diagrama de tacógrafo do vehículo OR-1423-U, detéctanse os seguintes excesos de conducción diaria:-Nos discos-diagrama de datas 3/4, 4 e 4/5 de xaneiro de 2000, compróbase a realización dun período de conducción diaria de 13 horas e 30 minutos, comprendido entre as 10.10 horas do día 4-1-2000 e as 10.50 horas do día seguinte; o que constitúe un exceso do 35% sobre os tempos máximos de conducción diaria permitida.-Nos discos-diagrama de datas 8/9 e 9/10 de xaneiro de 2000, compróbase a realización dun período de conducción diaria de 12 horas e 10 minutos, comprendidas entre as 7.35 horas do día 9-1-2000 e as 5 horas do día seguinte, o que constitúe un exceso do 21% sobre os tempos máximos de conducción diaria permitida.

12-5-2000; 12

Artigo 6 do R (CE) 3820/1985Artigo 143 da Lei

16/1987 e artigo

201 do R.D.

1211/1990

150.000 pesetasDesestimado