Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Luns, 18 de xuño de 2001 Páx. 8.139

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de auto (947/2000).

Eu, Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres dos da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos 947/2000 por instancia de Montserrat García Martínez e outros, contra Josefa P. Rodríguez García, sobre despedimento, nos que recaeu auto con data do 26-4-2001 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

1. Declaro extinguida a relación laboral que existía entre as partes na data desta resolución.

2. A empresa Josefa Pilar Rodríguez García aboaralle a Montserrat García Martínez a cantidade de 161.834 pesetas, a Natividad Rodríguez Pose a cantidade de 123.782 pesetas, a Mª Sol Couceiro Santos a cantidade de 161.834 pesetas, a Mª Cristina Balsa Sánchez a cantidade de 161.384 pesetas, a Mª Nieves López Rodríguez a cantidade de 118.868 pesetas e a Isabel Bernardo Seoane a cantidade de 161.834 pesetas, en concepto de indemnización por despedimento.

3. Aboaralle igualmente a cantidade de 280.140 pesetas a Montserrat García Martínez, 214.270 pesetas a Natividad Rodríguez Pose, 280.140 pesetas a Mª Sol Couceiro Santos, e 280.140 pesetas a Isabel Bernardo Seoane, como salarios devengados desde a data da sentencia ata o día da data.

Notifíqueselles este auto ás partes, advertíndolles de que contra el cabe recurso de reposición no termo de cinco días perante este xulgado.

Así, por este meu auto, do que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste, para efectos da súa publicación no BOP e co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Josefa Pilar Rodríguez García, expido e asino esta cédula na Coruña o 26 de abril de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado