Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Venres, 15 de xuño de 2001 Páx. 8.096

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ANUNCIO do 9 de maio de 2001, da Dirección Xeral de Recursos Mariños, polo que se somete a información pública a petición do permiso de actividade para a posta en funcionamento e explotación dun establecemento auxiliar de cultivos mariños.

Para os efectos previstos na Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, no Decreto 193/1997,

do 5 de xuño, polo que se determinan as condicións para o outorgamento do permiso de actividade para os establecementos de cultivos mariños e auxiliares situados na zona terrestre, na Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas, e no Real decreto 1471/1998, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de permiso de actividade do establecemento que se describe:

-Tipo: estación depuradora e centro de expedición.

-Nome: Ángel Mariño Hermo

-Actividade: depuración-envasado.

-Especies: moluscos.

-Situación: r/ Triñanes, 39, 15938 Boiro (A Coruña).

-Solicitante: Ángel Mariño Hermo.

-CIF: 33230940B.

O expediente, integrado polo proxecto e a documentación complementaria, estará á disposición do público co fin de que calquera persoa física ou xurídica poida examinalo e achega-las alegacións e informacións que coide oportunas.

Prazo de exposición: 20 días hábiles contados a partir do seguinte a aquel no que teña lugar a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Lugar de exhibición: Servicio de Acuicultura, Dirección Xeral de Recursos Mariños, Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, edificio administrativo San Caetano, 15871 Santiago de Compostela (A Coruña).

Horas: das 9 ás 14 horas.

Prazo para formular alegacións: 20 días hábiles contados a partir do seguinte a aquel no que teña lugar a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2001.

P.D.

Juan José Álvarez Pérez

Secretario xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura