Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Venres, 15 de xuño de 2001 Páx. 8.089

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/50-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: U. Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: S. Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T.S., C.T., Francisco de Moure.

Situación: Ourense.

Características técnicas: liña a 20 kV soterrada de 260 m, en conductor R.H.Z. 12/20 kV, derivada desde a cela de liña do C.T. Caridad e remata na L.M.T. sot. ó C.T. estadio 1 despois de subministrarlle ó C.T. proxectado na planta baixa de edificio, con 400 kVA, r/t 20.000/380-220 V, na r/ Francisco de Moure.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 3 de maio de 2001.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense