Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Venres, 15 de xuño de 2001 Páx. 8.083

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 16 de maio de 2001, da Delegación Territorial de Lugo, polo que se lles notifican liquidacións de reintegros de pagamentos indebidos ás persoas que se sinalan (Trobo Mera, Soledad e dous máis).

De conformidade co disposto na Orde do 21 de xullo de 1998, pola que se regula o procedemento de recadación nos supostos de reintegros de axudas ou subvencións públicas, pensións asistenciais e subsidios económicos, e segundo establece o artigo 59.4º da Lei 30/1992, de 26 de decembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanse por medio deste anuncio, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces e a notificación edictal nos taboleiros de anuncios dos concellos respectivos, as liquidacións de reintegros dos importes que se indican, polos conceptos que se sinalan, ás persoas que se relacionan no anexo.

O pagamento deberá efectuarse dentro dos prazos fixados no artigo 20 do Real decreto 1684/1990, do 20 de decembro, polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación, é dicir, as débedas notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data de notificación ata o día 5 do mes seguinte, ou inmediato hábil posterior; e as notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data de notificación ata o día 20 do mes seguinte ou o inmediato hábil posterior.

O documento de ingreso estará ó dispor dos interesados no Servicio de Recadación da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda en Lugo, con enderezo na Ronda da Muralla 70-1ª planta, en horario de 9 a 14 horas, de luns a venres. O ingreso poderá efectuarse na caixa da propia delegación territorial ou en calquera das entidades colaboradoras autorizadas.

Transcorrido o prazo para o aboamento sen que este teña lugar, procederase ó seu cobramento de acordo co procedemento previsto nas normas reguladoras do procedemento recadatorio na vía executiva.

Lugo, 16 de maio de 2001.

Gonzalo Vázquez Rivas

Delegado territorial de Lugo

ANEXO

DebedorImporteConcepto

Trobo Mera, Soledad (33769337R);

r/ Prolongación Nicaragua 16-4ºC, Vigo-Pontevedra

402.600

2.419,67 euros

Cobramento indebido Risga período desde o 1/3/2000 ata o 31/12/2000

Cadahía de Vega, Rosa María (33305920B);

r/ García Abad 22-2º, Lugo-Lugo

702.112

4.219,78 euros

Cobramento indebido Risga período desde o 1/7/1998 ata o 30/11/1999

Fernández Pena, María Elena (50268368M);

r/ Vicente Caballero 11-3º-I, Madrid-Madrid

822.855

4.945,46 euros

Cobramento indebido enfermidade Fas desde o 1/9/1997 ata o 31/12/1999