Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Venres, 15 de xuño de 2001 Páx. 8.061

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 1 de xuño de 2001 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 31 de maio, polo que se declaran municipios turísticos galegos os concellos de Cangas e A Guarda.

O Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día 31 de maio de 2001 adoptou, por proposta do conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo, o seguinte acordo:

Declarar municipios turísticos galegos os concellos de Cangas e A Guarda, pertencentes á provincia de Pontevedra, de acordo co disposto no artigo 16 do Decreto 39/2001, do 1 de febreiro, polo que se regula a declaración de municipio turístico galego.

En cumprimento do disposto no citado artigo ordénase a publicación do acordo no Diario Oficial de Galicia e a notificación ós concellos correspondentes.

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2001.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo