Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Xoves, 14 de xuño de 2001 Páx. 8.049

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (71/1998).

Anúnciase que a Comisión de Goberno en sesión ordinaria realizada o día 26 de abril de 2001, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Aprobar definitivamente, por instancia de Amador Carnero Carnero, en representación de Carnero y López, S.L., o proxecto de urbanización da zona 3 do SU 48 do PXOU de Ourense, de conformidade coa documentación reformada presentada o día 23 de febreiro de 2001.

E considerar cumprida a condición sinalada no acordo plenario do 6 de abril do 2001 (punto 4 da orde do día) que aproba definitivamente o estudio de detalle, dado que se modificou o proxecto de urbanización, tal e como se esixía no dito acordo.

O que se fai público de conformidade co disposto no artigo 141.4º do Regulamento de planeamento.

Ourense, 8 de maio de 2001.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente