Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Xoves, 14 de xuño de 2001 Páx. 8.045

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2001, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, para a contratación dunha consultoría e asistencia de soporte externo para a administración do equipamento informático. (S/297-2001).

1. Entidade adxudicadora: Servicio Galego de Saúde. División de Recursos Económicos. Subdirección Xeral de Contratación e Xestión Económica; edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º, teléfono: 981 54 57 65; fax: 981 54 27 62, 15781 Santiago de Compostela. Páxina web: w.w.w.sergas.es.

2. Categoría da asistencia e descrición: nº de referencia CCP.

-Orzamento total: setenta e catro millóns cincocentas mil pesetas (74.500.000 pesetas), equivalentes a 136.309,55 euros.

3. Lugar de execución: locais do Servicio Galego de Saúde.

4. Requisitos específicos do contratista:

5. Indicacións relativas á posibilidade de licitar por partes ou pola totalidade do obxecto do contrato: pola totalidade.

6. Admisión de variantes: non se admiten.

7. Duración do contrato ou prazo para realiza-la asistencia: dous anos desde a sinatura do contrato.

8. a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicitarse os documentos pertinentes: en (vid supra, punto 1).

b) Data límite para efectuar esta solicitude: 5 de xullo de 2001.

9. a) Data límite de recepción das ofertas: 12 de xullo de 2001.

b) Enderezo ó que deben dirixirse: rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais sito en (vid supra, punto 1).

c) Lingua ou linguas nas que deban redactarse: castelán ou galego.

d) Persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.

e) Data, hora e lugar da dita apertura: sala de xuntas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais en San Caetano (2º piso, ático ala norte), a partir das 9.30 horas do terceiro día natural, contado desde a data de finalización do prazo de recepción de ofertas.

10. Garantías esixidas: garantía provisional do 2% do orzamento de licitación.

11. Modalidades esenciais do financiamento e pagamento ou referencias ós textos que as regulan:

12. Forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de provedores: unión temporal de empresas.

13. Informacións e formalidades necesarias para a avaliación das condicións mínimas de carácter económico e técnico que deberá reuni-lo prestador de servicios: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

14. Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a data da apertura das proposicións económicas.

15. Criterios que se seguirán para adxudica-lo contrato:

16. Información complementaria: en (vid supra, punto 1).

17. Data de envío do anuncio: 21 de maio de 2001.

18. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas.

19. Anuncios: o importe do anuncio desta resolución na prensa e nos boletíns oficiais será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2001.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos Económicos