Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Xoves, 14 de xuño de 2001 Páx. 8.029

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 7 de xuño de 2001 pola que se anuncia a licitación do concurso, polo procedemento aberto, para a concesión da explotación do servicio público da estación de autobuses de Xinzo de Limia (Ourense).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Transportes.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: concesión da explotación do servicio público da estación de autobuses de Xinzo de Limia (Ourense).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación ou canon de explotación.

Ver prego.

5. Garantías.

Provisional: 1.000.000 de pesetas.

6. Obtención de documentación e información.

O regulamento de explotación e os pregos de cláusulas administrativas particulares que rexen o concurso poderán recollerse en:

a) Entidade: nas delegacións provinciais da CPTOPV.

No Servicio Provincial de Transportes de Ourense.

Na Dirección Xeral de Transportes.

b) Enderezo: praza de Europa 5-A (2ª planta).

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

d) Teléfono: 981 54 45 94.

e) Telefax: 981 54 43 51.

Tamén poderá recollerse o prego de cláusulas administrativas particulares e o regulamento de explotación na páxina da Internet: www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=469.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

A solvencia económica e financeira acreditarase mediante un informe dunha institución financeira, precisamente referido ó obxecto desta licitación.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Prazo: o prazo de admisión das proposicións terminará ás catorce horas do vixésimo sexto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que integrará as ofertas: véxase o prego de cláausulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

Domicilio: r/ San Caetano s/n.

Localidade e Código Postal: Santiago de Compostela 15071.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Dirección Xeral de Transportes.

b) Domicilio: praza de Europa 5-A (2ª planta).

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: quinto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó a data de terminación do prazo de presentación das proposicións.

e) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o contido destes e o seguinte lema: «Proposición que presenta..........para optar ó concurso de concesión da explotación do servicio público da estación de autobuses de Xinzo de Limia (Ourense)».

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2001

P.D. (Orde 25-10-1983, DOG do 14 de decembro)

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes